ROSESGUIDE

ROSESGUIDE
MI WEB

martes, 4 de marzo de 2008

Cultura castrexa



Recebe o nome do asentamento típico, unha vila con vivendas de formas redondeadas no seu interior e unha muralla defensiva. A metade están localizados en ladeiras e unha cuarta parte nas cumieiras de outeiros; hai-nos en meandros e chairas e un número reducido en penínsulas e illas. Polo xeral, os castros ocupan terrenos de val, en conexión con terras produtivas para a agricultura e con boa visibilidade sobre o contorno. O recinto superior (croa) rodea-se de socalcos, nos que se situan as construcións. Cada unha destas partes pode estar limitada por murallas, parapetos ou foxos. Às veces existe un antecastro, tamén amurallado mais sen construcións. As murallas non cumprian necesariamente unha función defensiva, senón que constituian, ademais do limite da zona urbanizada, unha manifestación da riqueza dos seus habitantes. No milenio no que se estende a cultura castrexa distinguen-se catro etapas: formación (VIII-V), desenvolvemento (V-I), apoxeu (I aC-meados do I dC) e romanización e declíno. Calcula-se a existencia duns 3.000, dos que entre a metade e os dous térceos estaban habitados simultaneamente no cámbio de era. Durante a Idade do Ferro non se coñecen asentamentos abertos, sen fortificar - os castros son o modelo de asentamento xeralizado. Descoñecen-se tamén os costumes funerários dos castrexos.

Fonte.- GALIZAWEB


1 comentario:

Anónimo dijo...

Los cabrones ahora tambien queres que hablemos gallego y catalan.
Viva España
Vaya mierda de PP. Estas solo por los votos.