ROSESGUIDE

ROSESGUIDE
MI WEB

miércoles, 4 de abril de 2007

Arde Galicia


Hoxe vin este artigo que teño de poñer no meu blog. E a impotencia contra o lume. Agardo que os cheque o corazon:

"Galicia esta ardendo, e nos con bagoas nos ollos,miramos os políticos botándose coitelos un os outros. Nos matan, 60 incendios provocados, casas en perigo os traballadores dos reténs contra incendios xogando a vida. Falade con calquer traballador dos contra incendios, preguntadelles cando rematou o plazo selección de persoal. A principios de xullo ainda moitos non tiñan posto. Despois de trinta anos destruindo os nosos bosques, ¿que lles importaba os políticos un ano mais? O problema e que este ano non so arden os bosques e morre a nosa fauna, este ano arden as nosas casas, e morren os nosos veciños…
Se lle preguntas a un traballador dos reténs contra incendios podería decirte moitas cousas… ¿Non deberían traballar todo o ano profesionais desbrozando, creando cortalumes, asesorando ó politicucho de turno, que agora estaba de vacacións en Sanjenjo o Portonuevo, dicindo onde están os problemas e cales son as solucións?.
¿Non deberían contar con profesionais formados, e non contratar inexpertos cando xa todo esta encima?
¿Non deberían contar con recursos necesarios, no canto de ter que usar os seus teléfonos móviles cando as radios non resisten a calor?
¿Non debería estar o maior numero nas zonas mais sensibles, e non dotar as provincias co mesmo número de efectivos?.
Preguntade e veredes o que e asistir un ano mais as probas de selección de persoal, a mediados de xuño, onde miras a nenos de 17 anos, aterrados ante o traballo mais perigoso do país, entrando na habitación da man do seu pai con cara de, “non aprobaches o curso, agora vas saber o que e traballar”. Ou mirar a persoas en tacóns na cola para facer as probas físicas; ou chegar o teu grupo e ver que mais da metade dos traballadores nunca se enfrentaron a un lume, e onde os que si se enfrentaron teñen que vixiar o lume por diante e coidar dos que non saben por detrás.
Preguntade cantos efectivos do sacrosanto exercito, que coma o séptimo de cabalería nos van salvar a todos como anuncian La Coz de Galicia y El Cachondeo Gallego. O mellor os 26 militares que había onte nos incendios de Cotobade movendose dun lado para outro son a solución, seguro que si…
Preguntade o que e chorar de impotencia os primeiros días,pensar que un compañeiro morreu, ou escoller unha dirección ou outra para quer todo arda e logo xa non sentir nada para non volverse tolo.
E nos non vamos a creer que sacaron a tódolos pirómanos de Conxo e lles deron uns mistos e un bidón de gasolina. Son intereses os que están detras de esto, pero para falar de a quen beneficia esto, si que e mellor que preguntedes os políticos, porque os traballadores non temos nin idea. Cecais non deberiamos preguntar nada e decir que si as explicacións oficiáis; as dos alcaldes do PP que se negaron a ter reténs da Xunta no seu concello, ou as dos superprogres e alternativa de futuro do BNG e PSOE, que non teñen nin idea do que esta pasando, non tiñan nin idea de que os incendios son a lacra de Galiza, e que dixeron que os plans contra incendios do PP eran “aceptables” e así os aplicaron.
Cecais os políticos deberían facer mais caso dos traballadores que miran a cara a morte, non so nos incendios, sinon tamén na construcción, o metal, o mar, nas químicas… Ou cecais sexamos os traballadores os que teñamos que eliminar os políticos e tomar as nosas propias decisións, nos que sabemos que se fai ben e que se fai mal, porque cando as cousas se fan mal somos nos os que morremos.
Non queremos volver a berrar Nunca Mais, debemos facelo efectivo, queremos que o que hai que facer para parar os incendios a digan os traballadores de incendios, que o que hai que facer cun barco a deriba o digan os mariños…
Non queremos mais tipos sinistros en traxe que digan que todo esta controlado, todo esta ben, a xente non esta morrendo.
Dende o país do sol e da lua de sangue, da peste eterna a fume, das sireas e a tristura nos ollos."

No hay comentarios: